6 abr 2010

EXITO TOTAL DA XXVIII FEIRA DO VIÑO

Quiroga acolleu esta fin de semana a vixésimo oitava Feira do Viño, cun amplo abano de actividades e cunha afluencia masiva.

O sábado ás seis e media da tarde inaugurábase o recinto feiral, aínda que as casetas xa estaban abertas dende a mañá.

Media hora máis tarde os actos trasladábanse ata o auditorio municipal onde a Coral Polifónica de Quiroga sería a primeira en actuar.
Tras a actuación da Coral, o rexedor local, o pregoneiro deste ano e o director xeral do Progreso facían entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga.

O grupo de Danzas San Martiño acompañado pola Banda de Gaitas serían os últimos en acturar neste certame.

As oito e media comenzaba no recinto feiral o pregón. O rexedor local, Julio Alvarez, encargase persoalmente dos pregoeiros da feira do viño, nunha aposta clara por caras coñecidos da televisión, nesta ocasión foi o xornalista e escritor Jimmy Jiménez Arnau. No seu pregón non faltaron as alusións a todo o traballo necesario para disfrutar do viño de Quiroga. A pesar de que nese momento a choiva caía intensamente a Praza de España acollía a centos de persoas que se manterían alí ata preto da medianoite.

O domingo ás doce da mediodía o público congregábase ó redor da representación dun fiadeiro, onde se podía ver o cardado, o fiado e o tecido da lá de xeito artesanal. Con esta exhibición o concello sacou á rúa os oficios tradicionais que están representados no Museo Etnográfico. Cinco colaboradoras do Museo foron as encargadas de recrear o proceso do cardado da la, o fiado de tres formas distintas: cun fuso tradicional de man, cunha roca e cun fuso de pedal; o torcido da la e finalmente a calceta, nesta ocasión calcetando uns calcetíns.

O domingo tamén viamos no recinto feiral a varias autoridades políticas. A delegada territorial, Raquel Arias, o presidente do PP na provincia de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, deputados autonómicos e alcaldes, acompañaron ó equipo de goberno municipal na súa visita ás casetas.

Segundo os organizadores da Feira ésta foi unha das máis concorridas dos últimos anos, a pesar de que o sábado o tempo non acompañou. Os once colleiteiros desta edición puxeron a venda centos de litros de viño branco e tinto, que os numerosos visitantes non dubidaron en probar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario