5 may 2010

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS NO MUSEO ETNOGRÁFICO

O Museo Etnográfico acolle durante todo este mes de maio, unha exposición de maquetas de Vicente Blanco Gómez, veciño da Enciñeira.

A exposición acolle unha quincena de maquetas de considerable tamaño realizadas maioritariamente en pedra e madeira, que son réplicas de edificacións da zona. Entre as que destacan as maquetas da igrexa da Enciñeira e da igrexa de Montefurado, ou unha lareira con todo o seu mobiliario.

O museo etnográfico ten aberta a exposición os sábados, domingos e festivos en horario de doce a unha da mediodía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario