6 may 2010

O PLENO APROBA OS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS

A Corporación municipal celebrou onte a partir das doce e media da mediodía, unha longa sesión plenaria ordinaria na que o punto máis destacado foi a aprobación dos presupostos para o exercicio 2010.

A sesión plenaria comenzaba coa aprobación da acta correspondente a sesión plenaria do día 25 de febreiro. Cos votos en contra da oposición aprobouse o expedente de recoñecemento extraxudicial de créditos.

O terceiro punto da orde do día era a aprobación do orzamento xeral da corporación para este ano. O voceiro do BNG acusou o alcalde de inflar os presupostos, mentres que o do PSOE dixo que estes presupostos eran turbios. O rexedor local pola súa banda calificou os presupostos de continuistas, serios e rigurosos.

Cos votos a favor do PP os votos en contra do PSOE e coa abstención do BNG desestimaronse as alegacións dos propietarios dos terreos incluidos no expedente de expropiación forzosa para o proxecto de dotación de servicios socioculturais ó barrio da Ribeira.

No punto relativo á ratificación dos acordos da Xunta de Goberno Local sobre o plan de desenvolvemento xitano e ó plan de desenvolvemento da prestación de servicios sociais para o ano 2010, o BNG quixo saber se estes plans servian para algo, mentras que o PSOE esixiu que se lle rendisen contas das subvencións concedidas baixo estes plans.

Por unanimidade adxudicouse unha praza de garaxe na Praza de España. E finalmente, tamén por unanimidade aprobouse o regulamento da marca rexistrada Aceite de Quiroga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario