18 jun 2010

AS MARCAS DE ACEITE QUE INTENTAN VENDER O SEU PRODUCTO COMO "ACEITE AUTÓCTONO DE GALICIA" PODERÍAN ESTAR FALSEANDO A REALIDADE.

O alcalde de Quiroga Julio Álvarez Núñez, fronte a aparición de novas relacionadas coa producción e promoción do denominado “aceite autóctono de Galicia” obtido a base dunha mestura de olivas de oliveiras autóctonas cultivadas en distintas partes de Galicia; quere advertir aos consumidores e potenciais consumidores deste aceite, das posibles irregularidades publicitarias que están a cometer os seus promotores, en base aos seguintes aspectos:

-Vense de presentar un producto baixo a denominación aceite de oliva virxe extra galego, obtido da oliveira autóctona galega. Tendo en conta que segundo nos consta polas investigacións realizadas a única variedade de oliveira que pode considerarse autóctona de Galicia é a cultivada tradicionalmente nas terras do Val do Sil ao seu paso polo Concello de Quiroga e que nada ten que ver coas variedades que se están a plantar na actualidade en varias zonas de Galicia, procedentes doutras comunidades autónomas; ao presentar o seu producto como “obtido da oliveira autóctona de Galicia” están faltando á verdade e ademais están invadindo o terreo da marca rexistrada “Aceite de Quiroga” propiedade do Concello de Quiroga.

É coñecido que os Reis Católicos, para favorecer a outros territorios, prohibiron a producción de aceite en Galicia e ordenaron arrincar as oliveiras que existían, naquela época, en numerosas zonas da actual Comunidade Autónoma; compre indicar que estas eran as verdadeiras plantas da variedade autóctona galega. Segundo se indica en numerosos estudios, a zona de Quiroga, mantívose ao marxe do real edicto en boa parte polo illamento xeográfico deste territorio.

-Na actualidade e despois de notables esforzos por parte dos colleiteiros e da administración local a producción de aceite no Concello de Quiróga cumpre con todos os parámetros industriais e sanitarios marcados pola lexislación vixente. O emprego dos muíños tradicionais, con todos os seus elementos incluída “ a burra Carolina” resérvase para as demostración de carácter etnográfico que ten lugar unha vez ao ano para exaltar un producto que, neste caso, si ten como orixe a verdadeira oliva galega.

-Estas firmas falan dunha producción inicial de 20.000 litros, que aumentarán coa recuperación de novas oliveiras. Para que realmente este aspecto fora certo necesitarían a producción dunhas 6.000 oliveiras autóctonas de Galicia ou o que é o mesmo das terras de Quiroga. Segundo consta no Concello de Quiroga, onde fai pouco se aprobou unha ordenanza para regular a producción e venta de aceite elaborado en Quiroga con oliva autóctona, non consta que unha cantidade semellante de oliva ou aceite fora vendida a unha marca foránea. Para poder empregar esta denominación deberían poder demostrar e publicar onde e de quen obtiveron a materia prima necesaria para poñer no mercado esta cantidade de aceite.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario