30 jun 2010

O CONCELLO DE QUIROGA OFERTA UN AMPLO ABANO DE ACTIVIDADES PARA ESTE VERÁN

En rolda de prensa presentaronse no Telecentro da Casa da Cultura as actividades lúdico-culturais ofertadas dende o concello de Quiroga para os meses de xullo, agosto e setembro.


O rexedor local, destacou o amplo abano de actividades presentadas a pesar de atoparnos en época de crise, e resaltou a imaginación dos que traballaron para realizar este programa.

A concelleira da área social, Ana Núñez, presentou as actividades dirixidas á infancia, xuventude e muller. Mentres que o concelleiro de Cultura e Deportes, José Luis Rivera, falou dos deportes organizados para a época estival e destacou o concerto de Milladoiro como acto central das festas de verán de Quiroga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario