10 jun 2010

A ZONA DOS PUBS CONTARÁ CON NOVA REGULACIÓN DO TRÁFICO PARA SER SEMIPEATONAL

O rexedor local, Julio Alvarez, e o concelleiro, Angel Rodríguez, reuníronse na tarde de onte cos veciños da zona dos pubs para comunicarlles que as rúas desta zona que se estiveron reurbanizando van quedar abertas á circulación en breve. Na xuntanza tamén lles comunicaron como vai quedar a circulación na zona que se constitue como semipeatonal.

Unha das novidades máis salientables é que dende a cámara agraria ata correos a rúa vai ser de dirección única de xeito que os vehículos deberán vir nesa dirección pero para facer o recorrido inverso deberán utilizar a rúa Anxel Fole. Coa decisión de que estas duas rúas sexan de sentido único permitirase aparcar por ambos lados da calzada.

A rúa Victorino Nuñez quedará pechada ó tráfico polo que tampouco se poderá aparcar na zona e incluso se pechará con pivotes.

Ós residentes na zona concederanselle tarxetas que lles permitirán acceder os seus garaxes por zonas restrinxidas ó paso de vehículos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario