29 oct 2010

O INCREMENTO DO IPC NO ABASTECEMENTO DA AUGA E NA RECOLLIDA DE LIXO; E A REGULACIÓN DO USO DAS PISTAS MULTIDEPORTIVAS E DO XIMNASIO DO C. SOCIAL, PUNTOS APROBADOS NA SESIÓN PLENARIA DE ONTE

A Corporación Municipal celebrou onte unha sesión plenaria ordinaria, que se abriu coa aprobación do borrador da acta da sesión plenaria do 6 de setembro do 2010.

Cos votos en contra da oposición aprobouse o recoñecemento extraxudicial de créditos por valor de 120.000 €.

O terceiro punto da orden do día trataba sobre a modificación das ordenanzas fiscais do abastecemento de auga, da recollida, tratamento e eliminación de Residiuos Sólidos Urbáns – Ecotaxa e da expedición de documentos. Cos votos en contra da oposición aprobouse unha subida do 1,5 % na auga, e un 1,8% no lixo tendo en conta a subida do IPC. Tamén se aplicará unha taxa na expedición dalgúns documentos en concepto de dereitos de examenes.

Aprobouse a baixa de dereitos pendentes de cobro, segundo informe do Servicio Provincial de recadación, correspondente a tributos e taxas municipais de exercicios pechados. Na maioría dos casos por imposibilidade de localizar ós implicados por falecemento.

Cos votos a favor dos concelleiros do PP e do PSOE e o voto en contra do BNG aprobouse inicalmente a ordenanza fiscal polo uso das pistas multideportivas.

O punto referente o regulamento do uso do xinmasio do centro Social aprobouse co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE que alegou a súa preocupación por que ninguén se fixese responsable de estar coas persoas que utilicen este servicio.

A sesión plenaria rematou coa cesión ós veciños do Soldón da Seara do edificio da antiga Escola do pobo por un período de 50 anos; punto que se aprobou por unanimidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario