1 abr 2011

XXIX FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA OS DÍAS 23 E 24 DE ABRIL

A VII Carreira Popular que se celebrará o venres 22 ás cinco da tarde será a encargada de abrir o programa de actividades organizado para a XXIX Feira do Viño de Quiroga.

O sábado ás 5 da tarde comenzan os actos cunha alborada a cargo da Banda de Gaitas San Martiño, ás seis e media inaugurarase o recinto feiral e media hora máis tarde, ás 7, terán lugar no auditorio municipal as actuacións da Coral Polifónica de Quiroga, da Banda de Gaitas e do Grupo de Danzas San Martiño, e farase entrega dos premios do VIII certame Cartas de Amor Vila de Quiroga así como do concurso de debuxo.

As oito e media está previsto que comence o pregón no balcón da Casa do Concello. Tras o pregón, ás nove e cuarto entregaraselles os trofeos aos colleiteiros e tamén os premios os gañadores do concurso de camisetas no palco. A festa estará amenizada polo grupo Limón.

O domingo ás once da mediodía alborada a cargo do grupo de gaitas “Os do Recanto”. Pola tarde a música correrá a cargo da charanga “Terras de Bibei”.

Durante estes dous días poderase ver na sala de exposicións da Casa da Cultura unha exposición de pintura e fotografía de Iago Eireos Franco e no Museo Etnográfico unha exposición de artesanía de Dolores Núñez Salgueiro.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario