27 ene 2012

ACEITE DE QUIROGA: A O.E.P.M DENEGA O REXISTRO DISTINTIVO "MARQUÉS DE QUIROGA" A INSTANCIAS DO RECURSO PRESENTADO POLO CONCELLO DE QUIROGA.

A oficina española de patentes e marcas (O.E.P.M) ven de publicar no Boletín Oficial da Propiedade Industrial con data 05/01/2012 a DENEGACIÓN do expediente para a solicitude de creación da Marca Nacional “Marqués de Quiroga” que solicitou unha firma industrial para comercializar aceite de oliva comestible e bebidas alcohólicas, estimando as alegacións do Concello de Quiroga, titular da marca “Aceite de Quiroga”.
O Concello de Quiroga presentara unha reclamación diante da O.E.P.M, con data 29 de agosto de 2011, atendendo á aparición no Boletín da Propiedade Industrial de solicitude para o signo distintivo “Marqués de Quiroga” similar á marca “Aceite de Quiroga”, considerando que estas similitudes de rexistro pode orixinar errores e confusións nos consumidores cos conseguintes prexuízos para a marca da que é titular o Concello de Quiroga.
A Lei de Marcas faculta aos posuidores de rexistros anteriores, neste caso “Aceite de Quiroga”, a oporse á concesión de novos rexistros cando polo seu parecido puideran causar confusión no mercado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario