24 ene 2012

A COMISIÓN ORGANIZADORA DA O VISTO BO AOS CINCO OLIVAREIROS QUE SE PRESENTARON PARA PARTICIPAR NA MOSTRA DO ACEITE

A comisión organizadora da XII Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o vindeiro día 26 de febreiro, reuniuse novamente na tarde de onte. Nesta xuntanza deronse a coñecer os nomes dos cinco olivareiros que participarán nesta edición.

A selección dos participantes fíxose por rigoroso orde de inscrición nas oficinas municipais por rexistro de entrada; e tendo en conta o resultado aceptable do análise químico e organoléptico que determinará o laboratorio especializado que se dispoña.

Así os colleiteiros participantes serán: Jesús Bao Mondelo, Inocencio Ogando García, José Manuel López Maseda, Guillermo Nogueira Veloso e Manuel Mondelo Rodríguez.

Para poder participar estes colleiteiros tiveron que acreditar ter unha colleita mínima de 200 l. de aceite, aboar 100 € de inscrición, ou ben facilitar a cantidade equivalente en aceite e achegar as mostras da súa produción para a análise.

A comisión organizadora recollerá mostras ao azar destes aceites o día da feira para a súa cata.

No hay comentarios:

Publicar un comentario