31 ene 2012

O CONCELLO PRESENTA AS SÚAS ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, FORMATIVAS E LÚDICAS ATA O MES DE XULLO

Os encargados de organizar as actividades que oferta o concello de Quiroga dende o mes de febreiro ata o mes de xuño, presentaron na súa última xuntanza o folleto no que se recollen estas actividades.

Dentro das actividades recollense actuacións culturais, deportivas, formativas e lúdicas para todolos públicos.

No mes de febreiro destacan as actividades centradas no entroido e na XII mostra do aceite. Tamén se contará cunha exposición de pintura e un espectáculo de monólogos.

No mes de marzo retomarase o programa de ocio e saúde no balneario de Augas Santas. Haberá actos para celebrar o día 8 de marzo, día internacional da muller. Para os máis cativos haberá un concurso de debuxo e unha actuación de títeres. Tamén haberá duas excursións unha á Praia das Catedrais, dentro do programa Km 0 da Deputación Provincial e outra do Centro Social a San Paio de Narla.

No mes de abril destacan os actos dentro da XXX Feira do viño, unha viaxe ás Termas de de Outariz a cargo do Centro de Información á Muller e un contacontos con motivo do día mundial do libro.

En maio o máis destacado é un taller de tapicería organizado polo CIM, os actos de conmemoración das letras galegas, e unha viaxe a Segovia e unha xornada gastronómica do Centro Social.

Finalmente no mes de xuño haberá varias excursións, duas delas serán de sendeirismo dentro do noso municipio e outras duas serán a Costa Lucense e o Aquarioum Finisterrae. Neste mes tamén se retomará a actividade de música na rúa que o concello de Quiroga pon en marcha todolos veráns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario