15 feb 2012

MAÑÁ REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO DESFILE DE COMPARSAS DO DOMINGO

O domingo día 19 de febreiro o Concello de Quiroga, organiza un concurso de disfraces para comparsas e participantes individuais.

Neste desfile poden participar todas as comparsas que o desexen tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando estean integradas por dez membros como mínimo. Ademais das comparsas, poden participar disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo serán tres membros por grupo).

Os premios establecidos son para a modalidade de comparsa: Un primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro premio de 150,00 €. Ademais cada comparsa participante recibirá 60€ e no caso de disfraces individuais establécese un único premio para esta modalidade de 60,00 €.

O Xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante que despois de asistir ao desfile valorará a cada comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.

A saída do desfile terá lugar dende a Rúa das Piscinas, o domingo ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura. A entrega de premios terá lugar diante do Concello, no baile de disfraces amenizado polo dúo Fondo Tropical.

As inscricións para participar deberán de faranse na Casa da Cultura antes do 16 de febreiro, ben persoalmente ou ben chamando ó teléfono 982435125.

Ademáis do desfile de comparsas o concello organizaou para o luns día 20, a partir das cinco da tarde, unha gran festa infantil de disfraces, na discoteca Lor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario