10 abr 2012

CENTOS DE PERSOAS NA XXX FEIRA DO VIÑO

Centos de visitantes, achegáronse durante a fin de semana a Quiroga para disfrutar da Trixésima Feira do Viño.
Durante o sábado e o domingo houbo alboradas por parte da banda de gaitas San Martiño e do grupo de gaitas O Recanto. O recinto feiral inaugurábase o sábado ás seis e media da tarde, e o encargado de facelo foi o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar en Lugo, D. José Ramón Losada Fernández.
A continuación, o Auditorio Municipal acollía varias actuacións. A primiera delas sería a da Coral Polifónica de Quiroga, que presentaba novo repertorio. Tras a actuación da Coral Polifónica fíxoselle a entrega dos premios aos gañadores do IX Certame Cartas de Amor, do VII Relato Curto e do V Concurso de Debuxo.; todos eles organizados dende o concello. O  grupo de danzas San Martiño e a banda de gaitas do mesmo nome serían os encargados de pechar as actuacións no Auditorio Municipal. 
Ás oito e media xa no palco, tiña lugar o momento máis multitudinario da feira, cando, o  sempre polémico Kiko Matamoros, representante artístico e colaborador en diferentes programas de entretemento de Tele5, era o encargado de pregoar a trixésima edición da feira do viño de Quiroga. Na súa intervención ensalzou os caldos que se producen na nosa zona, pero tamén a paisaxe.
Ante centos de persoas Matamoros non dubidou en indicar que era «toda unha honra e privilexio» ser elixido pregoeiro da feira sabendo que antes que el foino un premio Nobel, Camilo José Cela.
Tras o pregón chegou o momento de elexir o gañador do II concurso de camisetas. A encargada de facer tal elección sería a muller do pregoeiro, a modelo Makoke. 
O domingo, a unha menos cuarto ás autoridades políticas que acudían ao evento facíanlle entrega aos nove colleiteiros participantes nesta edición das medallas conmemorativas no Museo Etnográfico.
Os colleiteiros que participaron no certame deste ano foron: Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas; Guillermo Nogueira Veloso, de Bendilló; Antonio García Alvarez, de San Xulián de Abaixo; Alfonso Núñez Calvo, dos Novaes; Antonio Castro Álvarez, de San Vitoiro; José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo; María Oliva Cao de Bendollo;  Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital; e Ovidio Mondelo Arias, de Bendilló.
Todos eles coindiron en que as ventas desta feira foron moi boas ao que como sempre contribuiu o bon viño presentado este ano e tamén o bon tempo que acompañou ao evento, sobor de todo o domingo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario