7 jun 2012

8 ALUMNOS DO I.E.S PARTICIPAN DENDE ONTE NAS PROBAS DE SELECTIVIDADE


Oito alumnos do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga participaron dende onte na primeira xornada dunha selectividade cada vez máis selectiva. Os exámenes realízanos como sempre no Instituto Cosme López de a Rúa.

Os mozos e mozas tiveron que demostrar onte os coñecementos adquiridos na etapa de bacharelato en Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua Estranxeira e Historia de España ou Filosofía, as catro probas comúns a todas as especialidades. Hoxe realízanse os exames específicos de modalidade, un deles obrigatorio e os outros voluntarios para obter máis nota de cara ao ingreso na universidade.


A fase obrigatoria consta de cinco exames, mentres que na voluntaria os alumnos poden examinarse de ata catro materias, pero só se terán en conta as dúas mellores notas, o que permite alcanzar un máximo de 14. Desde que se reformou a selectividade, os estudantes teñen 45 minutos de descanso entre proba e proba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario