5 jun 2012

FEIJÓO DESCUBRE UNHA PLACA NA QUE QUEDA PATENTE A DECLARACIÓN DE MONUMENTO NATURAL DO PREGAMENTO DE CAMPODOLA

Esta mañá, coincidindo co día mundial do Medio Ambiente, levouse a cabo o acto no que quedou patente a declaración oficial do Pregamento Xeolóxico de Campodola Leixazós como Monumento Natural.

O prego xeolóxico de Campodola-Leixazós, foi declarado a finais do mes de abril como Monumento Natural pola Xunta de Galicia, declaración que se publicou no DOGA no mes de maio; e que culminou agora con este acto oficial.

Ata o miradoiro achegábanse con este motivo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e o director do Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, Juán Ramón Vidal Romaní, que foi o encargado de explicarlle ao presidente o pregamento. O pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós consiste nun pregamento xeolóxico de tipo deitado, no cal pode apreciarse con total claridade a ondulación dos estratos superiores da codia terrestre provocada polas forzas tectónicas fai millóns de anos.

O acto, do que quedou constancia co descubrimento dunha placa xunto ao miradoiro situado na unión da estrada Quiroga – Folgoso co acceso a Campodola, estibo presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, que contou coa axuda do alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, e con alumnos de sexto de educación primaria de Quiroga.


O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, destacou a importancia do pregamento, do que dixo ser unha importante mostra de como Galicia surxiu dende os acéanos.

O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, pola súa banda afirmou que hoxe é un día importante para Quiroga á que calificou como cuna de Galicia.

           Finalmente, o presidente da Xunta,Nuñez Feijóo, recoñeceu que este é un dos lugares máis importantes de Galicia, polo que era obrigado protexelo de todas as maneiras posibles.


No hay comentarios:

Publicar un comentario