13 jun 2012

OS NENOS DE QUIROGA CONTARÁN NOS MESES DE XULLO E AGOSTO COS CAMPAMENTOS DE VERÁN


Dende a Área de Educación do Concello de Quiroga ofertase para os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, os Campamentos de Verán, durante os meses de xullo e agosto.

Esta actividade ten como finalidade ofertar un servicio diario ós seus usuarios nunhas datas nas que os máis pequenos/as disfrutan de tanto tempo de lecer.

O horario para os rapaces de 4 a 7 anos, será de 10:00h. a 13:00h. e o dos nenos e nenas de 8 a 12 anos de 11:00h. a 14:00h. Os proxenitores deberán levar ós alumnos e alumnas á Casa de Cultura na primeira hora da mañá e recollelos na piscina á última hora.

As clases consistirán en variados obradoiros; de plástica, abalorios, modelado, cociña, fieltro, lectura, dramatización, medio ambiente, reciclaxe, ciencia, costura, maquillaxe e tatuaxes, ademáis dun de globoflexia e máis outro de conservas de peixe, este último a través dun programa da Consellería do Mar “Ponlle as pilas ao teu bocata” para infundir unha alimentación sa.

Tamén terán clases de inglés e informática, así como deportes, natación, cine e xogos de presentación, distensión, cooperativos, de orientación, populares, estáticos, predeportivos, de carreiras, recreativos, malabares, etc…

As persoas interesadas en inscribir os seus fillos/as tan só deben pasar pola Casa de Cultura ou chamar ó número de teléfono 982 435 125, onde serán informados de todos os detalles dos campamentos e onde poderán anotar os rapaces e rapazas. A data límite para apuntarse é o venres 29 de xuño, excepto para aquelas persoas que veñen de vacacións a Quiroga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario