8 jun 2012

QUIROGA ACOLLERÁ UNHA OULET OS DÍAS 22, 23 E 24 DE XUÑO NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO


Esta mañá presentábase na casa consistorial a feira de oportunidades que se desenvolverá no pavillón municipal de Quiroga os días 22, 23 e 24 de xuño. Á presentación acudían o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, o concelleiro de comercio, José Enríquez, e a presidenta da Ascociación de Comerciantes Autónomos Oulet de Galicia (ACAOGA), Rosa Mª Fernández Covelo.

          José Enríquez dixo que se trata dunha feira baseada e dedicada aos comerciantes locais á vez que animou aos comercios a que participen nesta feira de oportunidades organizada para eles. Aos comerciantes facilitaráselles un teléfono e visitaranse persoalmente para que se inscriban gratuitamente na feira.

A presidenta de ACAOGA, Rosa Mª Fernández Covelo, afirmou que este tipo de feiras están pensadas para o comercio local que está sofrindo unha crise,  para que poidan mover e sacar esas mercancías que teñen paradas. Dixo que se trata dun centro comercial móbil con stans gratuitos nos que pide aos comerciantes locais que participen masivamente e ao público que veña a visitalos.

          A oulet abrirá o venres día 22 ás catro e media da tarde, pero as catro menos cuarto, invitarase aos asistentes á inauguración. A entrada ao público costará 2 €, o que lle dará a oportunidade de participar nos sorteos que se celebrarán cada media hora, ademais de degustar café e chupitos gratis e para os máis cativos inchables tamén gratuitamente.

          O horario de apertura ao público da feira será o venres dende as catro e media ata as nove e media e o sábado e o domingo dende as once da mañá ata as nove e media da noite.
         
          O alcalde de Quiroga, agarda que esta actividade sexa todo un éxito para o comercio local, xa que pode ser un fin de semana lúdico interesante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario