21 ago 2012

ESTE SÁBADO CELÉBRASE UN NOVO ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA


O vindeiro sábado 25 de agosto a partir das 11 da mañá na Casa da Cultura, terá lugar o décimo cuarto Encontro de Poetas no Val de Quiroga, organizado polo grupo poético Amencer Quirogués e o Concello de Quiroga.

Un ano mais os poetas da comarca, Xesús Galán e Pepe Pol, serán os encargados de presentar o acto onde Dona Rosa Vázquez actuará como pregoeira deste certame.

A este acto acoden cada ano máis poetas, tanto da nosa Comunidade coma doutras da xeografía española, todos eles co afán de potenciar este xénero literario. Máis dunha trintena de poetas, algúns que xa veñen participando dende a primeira edición deste certame e outros que se incorporan por primeira vez paticiparán nesta nova edición do Encontro de Poetas. O acto contará con música en directo, nesta ocasión o cargo do cantautor Javier Sotuela.

Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra.

Unha vez rematado o evento entregaraselles a todolos participantes do certame un pequeno detalle para agradecerlles a sua participación neste novo encontro de poetas no Val de Quiroga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario