A área de Xuventude do Concello, anunciou que a gañadora
da cámara dixital do Concurso de Fotografía, “Quiroga, e ti como a ves”, foi
AURA PACHECO VELÁSQUEZ coa foto “ENTRE LUSCO E FUSCO”.
No certame houbo unha
quincena de fotos presentadas, que se subirán á páxina do facebook da Omix de
Quiroga na mañá do mércores día 8.
A entrega de premios, xa
que o resto de participantes levarán un detalle, terá lugar o venres día 10,
coincidindo coa Festa da Xuventude, a partir das doce e media da noite na zona de pubs.
Tras a entrega dos premios comenzarán os concertos dos
grupos musicais + IVA, LETHAL CHAINS e UTOPÍA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario