O concello de Quiroga está levando a cabo unha
campaña informativa sobre a separación do lixo. Así recordalle a veciños e
visitantes onde debe depositarse cada un dos residuos que se xera no fogar.
No contedeor amarelo
deben depositarse os envases lixeiros, entre os que se inclúen os envases de
plástico, os envases metálicos, como as latas de bebida ou conservas, e os
envases tipo brik. É moi importante que os envases vaian totalmente baleiros.
No contedor de vidrio,
deberanse depositar botellas, tarros e frascos que deberan ir tamén baleiros e
sen tapas nin tapóns. Neste contenedor non se poderán depositar vasos, copas, vidros de ventás, espellos,
bombillas nin materiais cerámicos.
No contedor de cartón,
soamente se poderá botar papel e cartón. As caixas débense pregar
axeitadamente, se o contenedor está cheo, deixarase enriba do mesmo ben
colocado. Ademáis en caso de grandes cantidades deste material disponse de
recollida a domicilio chamando ao teléfono 636.69.35.00.
No contedor de orgánica botaranse
todolos residuos que non poden ir noutros contenedores, tales como restos de
comida, calzado, xoguetes, porespán, trapos, etc. Estes residuos deberán de ir
en bolsas ben pechadas para evitar cheiros.
Tamén se dispón de
colector de recollida de aceite de cociña usado. O aceite doméstico usado
depositarase nestes contedores metido en botellas de plástico ben tapadas, de
maneira que non vertan. Dende o concello recórdase a importancia de usar este
colector, xa que un litro de aceite usado pode contaminar máis de mil litros de
auga.
Finalmente, o concello tamén dispón dun
punto limpo ao que se levarán os residuos voluminosos, como mobles e colchóns,
restos metálicos do fogar, cascallos de pequenas obras, electrodomésticos,
pilas e baterías, divolventes e pinturas, fluorescentes e radiografías. Para
utilizar este punto o concello dispón dun servizo de recollida a domicilio
chamando ao tfno: 636.65.35.00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario