30 ago 2012

ORGANIZADO O 1º CONCURSO DE GRAFFITI "O VAL DE QUIROGA"


          O Departamento de Xuventude do concello de Quiroga, organíza o I Concurso de Graffiti, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, co tema “O Val de Quiroga”.
Neste concurso poden participar artistas individualmente ou en grupo cun máximo de tres persoas por grupo. No caso de menores de idade, é necesaria unha autorización por parte da nai/pai/titor legal para poder participar.
          Para inscribirse é necesario presentar a seguinte documentación:
          * Boceto en tamaño A3 co proxecto do graffiti que se pretende realizar.
          * Unha fotografía dun mural/graffiti ou obra realizada con anterioridade pola persoa ou grupo participante.
          * Listado de cores e materiais que se utilizarán, xa que os materiais a utilizar correrán a cargo do concello.
.        * Datos do autor ou grupo, con nome e apelidos, dni, teléfono e dirección.
Toda esta documentación presentarase nun sobre pechado na Casa de Cultura antes do venres día 21 de setembro.
          O día escollido para a realización dos debuxos será o sábado día 29 de setembro. No caso de malas condicións meteorolóxicas, a organización resérvase o dereito a modificar esta data.
Os gañadores/as do concurso clasificaranse en primeiro, segundo e terceiro, e, ademáis da realización do seu graffiti, que se corresponderá cos bocetos presentados ao concurso, nas inmediacións do Auditorio Municipal, levarán, o 1º,  150 €uros en material; o 2º,  75 €uros en material e o 3º,  35 €uros en material.
          Todos os gañadores/as comprométense a ceder os dereitos de propiedade intelectual do graffiti que van a realizar, ao concello de Quiroga.
           O concello de Quiroga quedará eximido de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que en materia de propiedade intelectual puidesen incorrer os participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario