O Centro de
Información á Muller do concello preparou para a tarde de hoxe unha camiñata
polo paseo fluvial con motivo da celebración do día contra o cancro de mama.
Para esta
camiñata está previsto que todalas persoas que queiran participar se xunten nas
inmediacións do Auditorio Municipal ás cinco e media da tarde. Unha vez
xuntos os participantes dirixiranse ata o paseo fluvial por Vilaverde, para
recorrer o paseo ata a confluencia do río Quiroga co río Sil. Chegado
a este punto emprenderase camiño de regreso ata o punto de partida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario