14 ene 2013

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A MOSTRA DO ACEITE


A  Comisión Organizadora da  Mostra do Aceite, abriu esta mañá o prazo para participar na XIII Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o día 24 de febreiro.
As condicións para poder participar, tendo en conta, que o número de participantes será limitado a 5 colleiteiros, son as seguintes:

-Ter unha colleita mínima de 200 L. de aceite.
-Aboar 100 € de inscrición, ou ben facilitar a cantidade equivalente en aceite.
-Achegar as mostras da súa produción para a súa análise e someterse aos controis que a Comisión Organizadora estime oportunos.
-A Comisión Organizadora recollerá mostras ao azar para a súa cata o mesmo día da Mostra.
 
            A selección dos participantes farase tendo en conta o seguinte criterio:
1.-Rigoroso orde de inscrición nas oficinas municipais por rexistro de entrada.
2.-O resultado aceptable do análise químico e organoléptico que determinará o laboratorio especializado que se dispoña.
 
O prazo de inscrición remata xa o este venres. As mostras para a súa análise deberán entregarse na Casa de Cultura o día 21 de xaneiro.
 
            Na primeira reunión que levou a cabo a Comisión Organizadora  realizouse unha  análise e avaliación  da pasada edición,  con ánimo de   mellorar  aqueles aspectos  que se poida para  facer que a vindeira mostra supere a tódalas anteriores.
 
Previo á celebración da mostra do Aceite, concretamentente o sábado día 16 de febreiro, desenvolveranse unhas xornadas técnicas sobre o cultivo e a presenza na gastronomía  do aceite  de Quiroga, contando con persoas expertas na materia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario