29 ene 2013

CONVOCADO O X CERTAME CARTAS DE AMOR VILA DE QUIROGA


O concello de Quiroga, dende a Área de Xuventude, organiza para este mes de xaneiro o X Certame Cartas de Amor “Vila de Quiroga”, no que poden participar tódalas persoas co desexen con tantas cartas de amor como queiran sempre que estén relacionadas co sentimento do amor.
 
As cartas poden estar escritas en galego ou castelán cunha extensión máxima de dous folios mecanografados por unha sóa cara.
 
Os datos do autor/a, dirección e teléfono presentaránse dentro dun sobre pechado. No exterior figurará o título da carta e a categoría na que participa. As categorías serán duas: Cartas non locais (remitidas por persoas que non están domiciliadas neste Concello). E cartas locais (para veciños do pobo de Quiroga). Dentro destas últimas establécense varias subcategorías, en función da idade dos participantes:
Infantil (menores de 12 anos).
Xuvenil (de 13 a 18 anos).
Senior (de 19 a 35 anos).
Dourada (de 35 anos en adiante).
 
Os premios establecéronse en placas conmemortativas e detalles para os tres primeiros clasificados da categoría de cartas non locais, e para a categoría local estableceuse un único premio, tamén consistente  nunha placa conmemorativa e un detalle, para o gañador de cada subcategoría.
 
Os traballos pódense enviar por correo ou entregalos persoalmente na Casa de Cultura de Quiroga, antes do 24 de febreiro.
 
Os traballos quedarán en propiedade do Concello para facer unha publicación en sucesivas edicións: Cartas de amor, vila de Quiroga.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario