25 ene 2013

O CONCELLO DE QUIROGA ADHIRESE AO FONDO SOCIAL DE VIVENDAS PARA AFECTADOS POLOS DESAUCIOS


A Xunta de Goberno Municipal aprobou esta mañá a adhesión ao convenio subscrito entre a FEMP e o Goberno para acreación dun Fondo Social de Vivendas para Afectados polos Desaucios.
 
Este convenio considera a creación do fondo social de vivendas destinadas ao aluguer, constituído cunhas 6.000 vivendas, achegadas polas entidades financeiras e ás que poderán acceder persoas que fosen desaloxadas da súa primeira vivenda a partir do 1 de xaneiro de 2008 e que, ademais se encontren en situación especial de vulnerabilidade social.

          En virtude desta colaboración, o concello comprométense a asesorar os que soliciten información sobre o procedemento para solicitar unha vivenda dos fondos sociais; emitir, no prazo previsto (15 días dende que reciban a solicitude), o informe sobre a valoración das circunstancias sociais das familias solicitantes da vivenda, ao obxecto de priorizar entre os demandantes; colaborar coas entidades de crédito, cando así o acorden con estas, na avaliación das solicitudes e difundir e informar os cidadáns sobre o obxecto e contido do convenio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario