7 mar 2013

O SEGUNDO CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS" COMEZA O 21 DE MARZO


         O Concello de Quiroga, organiza xunto coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a segunda edición do concurso: Quiroga de Tapas. 19 son os establecementos adicados á restauración que participan nesta edición. Hostal Río Lor, Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Cafetería Quiroga, Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño e Mesón Escaleira.
 
       Cada establecemento participante deberá elaborar unha única tapa, con  ingredientes de libre elección, a un precio de venda ó público de 1,50 €uros. Ademáis, este ano, é obrigatorio ofertar o maridaxe cós viños da comarca.
         
O Concello distribuirá nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
 
A tapa presentada ó concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, do 21 ó 29 de marzo de 2013 en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.
          
 Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
 
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 23:00 horas do 29 de marzo, data na que se recollerán as urnas para o reconto de votos.
 
Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes.
 
O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e innovación, Gusto, sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
         
O II concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 3 de abril na casa consistorial. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación. Ademais, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para tres participantes no concurso que gañarán diferentes premios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario