26 abr 2013

A CORPORACIÓN MUNICIPAL RESCINDE O CONTRATO Á CONCESIONARIA DO ALBERGUE E APROBA AS CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS PARA UNHA NOVA ADXUDICACIÓN


A corporación muncipal celebrou onte pola tarde unha nova sesión plenaria ordinaria na que se aprobou a resolución do contrato de Xestión do Albergue Municipal.
 
          A proposta presentada pola actual empresa adxudicataria, e que aceptou o pleno, consistiu na aceptación por parte do concello dun pago de 4.500 €, e a compensación de 16.000 € por obras e melloras realizadas pola empresa no albergue. A corporación aprobou unha quita doutros 16.000 € que aínda lle debería a empresa.
 
Sobre a reclamación da empresa Aqualia relativa ao custe da xestión do servizo municipal de abastecemento de auga potable e rede de saneamento e depuración do concello, que era o seguinte punto a tratar, o pleno decidiu non aceptar. Aqualia solicitaballe ao concello  o incremento do 132 % das tarifas do servizo ou pola contra unha subvención de 159.000€. O pleno acordou tras rexeitar esta proposta solicitarlle á empresa a rescisión do contrato.
 
Do albergue voltou a falarse no punto seguinte, xa que se aprobou o prego de clausulas administrativas que rexerán a dxudicación do contrato de xestión do servizo do Albergue Municipal. Neste punto o BNG suxeriu que fose o propio concello quen se fixese cargo do servizo, ao igual que o suxeriu para o servizo de abastecemento de auga. O PSdeG- PSOE falou de que na situación actual do Albergue dificilmente ninguén se poderá facer cargo para explotalo legalmente.
 
A continuación debatironse tres mocións, a primeira presentada polo grupo popular relativa ao outorgamento dunha distinción honorífica ao Teniente General Pedro Vázquez Jarava.
 
A mocións presentadas polo BNG, foron rexeitadas. Unha delas solicitaba que se retomara na Feira do Viño o antigo concurso de viños e se designaran pregoeiros relacionados coa comarca de Quiroga ou polo con Galicia. A seguinte moción solicitada o poñer casetas informativas nas festas de Quiroga, deixar de organizar ceas da corporación nestes mesmos festexos e cambialas por un xantar popular.
 
Por tratarse dunha sesión plenaria ordinaria, houbo tempo para rogos e preguntas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario