19 abr 2013

O CONCELLO DE QUIROGA ADHERIDO AO FONDO SOCIAL DE VIVENDAS


O Concello de Quiroga está adherido ao Fondo Social de Vivendas, polo que dende a oficina de rehabilitación, situada no Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro, orientarase as familias que soliciten unha vivenda incluída neste fondo, sobre os trámites a realizar e áxudaráselles na obtención da documentación necesaria para tramitar a solicitude.
 
Poderán solicitar estas vivendas as familias en situación de especial vulnerabilidade que foran desaloxadas das súas casas despois do 1 de xaneiro do 2008, polo impago dun préstamo hipotecario. O aluguer destas vivendas terá unha duración de dous anos e as rendas oscilarán entre os 150 e os 400 € mensuais, cun límite máximo do 30% dos ingresos netos totais da unidade familiar.
 
Para ser beneficiarios desta medida o conxunto dos ingresos mensuais dos membros da unidade familiar non poderá superar o límite de tres veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples, 1.597 € conforme ao iprem actual. Nin dispoñer de vivenda en propiedade.
 
Tamén deberán atoparase nun suposto de especial vulnerabilidade, entendendo como tal as familias numerosas, a unidade familiar monoparental con dous ou máis fillos a cargo, as familias con alo menos un menor de tres anos ou algún dos seus membros cunhs discapacidade declarada superior ao 33%; a familia na que o deudor se atope en situación de desemprego e xa esgotara as prestacións por desemprego; ou a unidade familiar na que exista algunha víctima de violencia de xénero.
 
As solicitudes deberán dirixirse á entidade de crédito coa que tiñan asinado o seu préstamo hipotecario, tendo prioridade aquelas situacións de maior necesidade ou risco social, previo informe dos servizos sociais do concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario