12 ago 2013

ESTABILIZADO O INCENDIO QUE COMEZOU ONTE EN VILANUIDE


Arestora continúa activo, malia que estabilizado e sen chama, o incendio forestal iniciado en Quiroga, na parroquia de Vilanuíde, e que tamén afectou á parroquia de Seadur, no concello ourensán de Larouco.
          Así o confirmou este mediodía a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, desde o Posto de Mando Avanzado no que se coordinan as tarefas de extinción. A conselleira –que estivo acompañada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto– indicou que actúan na zona 2 helicópteros e que no momento en que a néboa permita que se incorporen os demais medios aéreos o farán.
          A titular de Medio Rural e do Mar sinalou tamén que segundo datos preliminares a superficie afectada polo lume se sitúa arredor das 500 hectáreas. Destacou tamén que na extinción deste lume traballaron todos os medios dispoñibles (máis de 36 brigadas, 18 motobombas, efectivos da UME, 8 avións e 8 helicópteros), cunha excelente coordinación e sinalou que “en principio, o perigo pasou”.
          O lume comezou ás 17:20 horas de onte domingo e ás 13:03 horas de hoxe quedou desactivado o nivel 1, decretado onte ás 20:30 horas pola Consellería do Medio Rural e do Mar como medida preventiva pola súa proximidade aos núcleos de poboación.
          Nos traballos de extinción deste incendio participaron onte 2 técnicos, 14 axentes forestais, 36 brigadas, o grumir de Quiroga, 19 motobombas, 2 palas, 8 helicópteros e 8 avións. Tamén se pediu colaboración á Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Sobre as oito e media da tarde era declarado o nivel un de urxencia, de modo preventivo, debido á proximidade das chamas e o fume ás casas das parroquias de Vilanuiz, en Quiroga e de Seadur, en Larouco. Incluso o departamento autonómico de Medio Rural e do Mar, solicitarou reforzos á Unidade Militar de Urxencias (UME) para axudar a apagar as chamas.
Os maiores apuros vivíronse en Seadur, onde algúns veciños tiveron que ser desaloxados por precaución, pero xa volveron ás súas casas, onde tamén regresou o fluído eléctrico, que durante algún tempo estivo interrompido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario