27 dic 2013

CONTINÚASE COS CAMPIONATOS DE NADAL NOS PUBS DA VILA

O Concello de Quiroga, dende a oficina de Xuventude organiza, como todos os anos, os Campionatos de Nadal nos pubs. Hoxe tócalle o turno ao campionato de tute no Pub Ruxe-Ruxe a partir das cinco da tarde e a partir da media noite ao campionato de futbolín no Disco-pub Yoya.

Mañá sábado o pub Tic Tac acolle un campionato de Ping-pong. O xoves día 2 o campionato será de Cricket no Pub Bunny Karaoke e o venres, día 3 o Chupitazo no Goya Music Bar. Todos estes campionatos terán lugar a partir das doce e media da noite.

          Como premios, os terceiros obterán unha cesta de nadal, os segundos un vale de 20€ para mercar na tenda Secinga Hogar, e os primeiros unha cea para dous no Bar “A Taberna”. Ademais, como novidade, este ano, os primeiros partiparán no sorteo dunha Smartbox, que se celebrará o sábado día 4 na Disco Lor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario