28 mar 2013

A COMISIÓN ORGANIZADORA DA FEIRA DO VIÑO DECIDE INSTALAR UNHA CARPA ANTE A PREVISIÓN DE INTENSAS CHOIVAS


A comisión organizadora da XXXI  Feira do Viño reuniuse onte novamente para continuar perfilando os actos que engloba esta celebración.
Nesta xuntanza, ante os pronósticos de auga para a fin de semana, tomaron  a decisión de instalar unha carpa ao longo da rúa Real na zona que ocuparán as casetas do viño. Esto conleva que o pregón non se dará dende o balcón da casa consistorial como estaba previsto, se non que se trasladará ata o palco da orquestra. Polo demais todo se mantén igual.
Así, o sábado, un pasarrúas a cargo da banda de gaitas San Martiño anunciará o inicio da feira ás cinco da tarde. Ás seis e media inaugurarase o recinto feiral que nesta ocasión estará situado nas inmediacións do concello.
Ás sete os actos trasladaranse ata o Auditorio Municipal, onde actuará a Coral Polifónica, a banda de gaitas e o grupo de danzas San Martiño. Ademais entregaranse os premio do certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga, do certame de relato curto e do concurso de debuxo.
Ás oito e media, darase o pregón. O actor Mariano Peña, Mauricio Colmenero na serie Aída, será o pregoeiro da XXXI Feira do Viño de Quiroga. Unha vez remate o pregón terá lugar o concurso de camisetas. Un representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao palco do grupo América SL, que amenizará a festa desa noite, para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado de escoller ao gañador, que será o propio pregoeiro da feira, Mariano Peña. O gañador do concurso recibirá un trofeo e 100€ en metálico.
O domingo, ás once da mañá a banda de gaitas “Os do Recanto” farán unha alborada e preto da unha da mediodía faráselle entrega de trofeos aos trece colleiteiros participantes nesta edición. Pola tarde a charanga “Terras do Bibei” poñerá o punto musical.
Durante estes días poderase ver unha exposición de traballos de encaixe de bolillos, na sala de exposicións da Casa de Cultura, organizada pola asociación socio cultural da Comarca de Quiroga.
          No recinto feiral haberá unha caseta de información municipal na que membros de protección civil realizarán novamente controles de alcoholemia preventiva.
 
 

22 mar 2013

ARRANCA O CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS"


O Concello de Quiroga a e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería abriron onte a segunda edición do concurso local de tapas. A inauguración levouse a cabo na cafetería do hostal Río Lor -un dous establecementos participantes na competición-, onde se reuniron varios membros dá corporación encabezados polo alcalde Julio Álvarez e o presidente dá asociación de hostaleiros José Francisco Cheché Real para degustar unha dás tapas presentadas ao concurso.
 
As tapas que se presentan a concurso son:
* Mesón Escaleira; Pescada en dúas texturas, pil pil de cachelos e bizcoito de tomate.
* Mesón Ferreiriño; Tostadica de palitos con gulas e salmón.
* O Recuncho de Dino; Timbal de morro salseado.
* Bar Chapakuña3; Tosta caseira, bañada en aceite de Quiroga, con lacón trufado e pementos ó forno.
* Casa Torres; Timbal de bacallao con salsa de queixo e mel da comarca.
* Restaurante O Roxo Vivo; Saquiño de millo recheo de bacallao con pementos do piquillo.
* Bar Félix; Solombo soleado con salsa de mel e mostaza, acompañado de chupito de cenoria con redución de Ribeira Sacra.
* Bar O Cantar Miudiño; Volcán de langostinos con grelos e caviar de pementos.
* Bar Lago; Rolo de tenreira recheo en salsa con patacas duquesa.
* Pub Ruxe-Ruxe; Polo ós tres queixos con crocante de xamón.
* Cafetería Quiroga; Marmitako de atún á vizcaína con aroma de pementos chouriceiros.
* A Taberna; Xarrete con redución de viño, quenelle de robellón e triscante de San Simón.
* Bar Quiper; Carrillera de porco celta con mousse de foie, adozada con confitura de figos da terra, salteado con fungos do Caurel ó curri e tella de queixo.
* Bar Raposo; Ensalada morna de marisco.
* Bar O Portón; Fabas de Lourenzá con zamburiñas e picatostes.
* Bar Las Palmeras; Humus feliz.
* Ciber-café A Pedra; Piquillos recheos de cóctel de gambas con vinagreta de mostaza.
* Adega da María; Bacallao en salsa con granizado de fresa.
* Hostal Río Lor; Zurigorri. 
   Ata ou día 29 todos estes negocios deberán servir as tapas presentadas ao certame como mínimo entre as 12 e as 14.30 e as 19 e as 22.30 horas. Ao mesmo tempo, animarán aos clientes a acompañar ás tapas, cun prezo de venda ao público a 1,50 €, con viños dá comarca quiroguesa.
         
Cada establecemento dispoñerá de cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
          
Cada vez que un cliente deguste a tapa, o establecemento deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
 
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón previamente selado polos establecementos, nas urnas oficiais do concurso. Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes.
 
A votación deberá realizarse antes das once da noite do 29 de marzo, data na que se recollerán as urnas para o reconto de votos.
 
O II concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 3 de abril na casa consistorial. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación. Ademais, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público no que tres participantes poderán gañar unha estancia con circuito termal para duas persoas no balneario de Augas Santas en Pantón; unha comida para duas persoas na Ferrería de Rugando, ou unha cesta de produtos típicos de Porvide.
 

20 mar 2013

LUDOTECA ESPECIAL, OBRADOIROS E XOGOS, OFERTAS DE SEMANA SANTA PARA OS MÁIS NOVOS


Mañá xoves, a Ludoteca Municipal  celebrará unha festa infantil de despedida ata despois de Semana Santa. Na festa, que comezará ás cinco da tarde, os pequenos e pequenas comerán a merenda que eles mesmo elaborarán na súa casa coa axudas dos seus pais.
A Ludoteca dará paso a vindeira semana á Ludoteca de Semana Santa, dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos e que terá lugar os días 25, 26 e 27 en horario de 11:00 a 12:00 horas, na que se farán manualidades de pascua.
 
Durante estas datas tamén haberá outras actividades organizadas conxuntamente polos departamentos de infancia e xuventude do concello de Quiroga.
 
Por un lado, ofertaranse obradoiros de 12 a 14 horas na aula da ludoteca municipal, o luns día 25 de tarxetería pop-up, o martes día 26 de cociña e o mércores día 27 de fieltro.
 
Por outra banda, e, en horario de 16:30 a 18:00 horas na casa de cultura, o luns haberá xogos de puntería, o martes un parchís xigante, e, o mércores campionato de futbolín.
 
Para apuntarse a calquera destas actividades, que son gratuitas para os participantes, poderán dirixirse á casa de cultura ou o teléfono 982 435 125.

 

ORGANIZADO O II TORNEO DE FÚTBOL SALA FEIRA DO VIÑO


O departamento de deportes do concello organizou o II torneo de fútbol sala Feira do Viño, que se desputará entre o 26 e o 29 de marzo no pavillón municipal.
 
O gañador do torneo levará un trofeo e 300 €; o segundo clasificado trofeo e 150 € e o terceiro clasificado levará un trofeo e 50 €. Ademais haberá trofeos para o crack do torneo e para o mellor porteiro.
 
Os partidos que se disputarán a partir das oito da tarde estarán arbitrados por un árbitro federado.
 
Os equipos interesados en participar deben de inscribirse antes do luns 25 de marzo chamando ao teléfono 620.75.22.01 e aportar unha cuota de inscripción de 50 €.
 

13 mar 2013

ABERTAS AS INSCRIPCIÓNS PARA A IX CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO


Xa están abertas ás inscripcións para a novena edición da carreira popular Feira do Viño, que se disputará o domingo día 24.

          Ás once da mañá comenzará a carreira na categoría de pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata aproximadamente o cruce coa avenida do Caurel). Cinco minutos máis tarde sairán os prebenxamíns e os benxamíns, cun percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España. A continuación participará a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1 volta ata o bar Zorro. E finalmente farano os da categoría Infantil e Cadete, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta á meta.

 
Ás doce da mediodía comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.400 metros; e que comprende as categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e feminino. O percorrido consta de dúas partes. Na primeira, os corredores sairán de diante da Casa do Concello para ir ata a zona das piscinas para regresar ó lugar de partida. Neste punto comeza a segunda parte, na que os participantes terán que completar 2 voltas por un tramo do paseo fluvial.

 
Este ano a proba de adultos estará novamente controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla antes da saída da proba.

 
Haberá trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais. Cada participante recibirá unha camiseta técnica como obsequio ata esgotar existencias e disporase novamente de servizo de fisioterapeuta na meta para atender calqura problema que surxa ao longo da realización da proba.

 
O sistema de cronometraxe usado será o "Championchip", polo que hai que inscribirse previamente. A data límite de inscripción será o día ata o Xoves 21 de Marzo ás 14:00 horas na web Championchip Norte (única forma de inscrición na proba absoluta) e o prezo pola inscripción será de 2 euros.
Os corredores que participan
nas carreiras das categorias dende pitufos ata cadete teñen que inscribirse por medio do fax (982428808) ou correo electronico (quirogadeportes@hotmail.com) pero tamén contan coa posibilidade de inscribirse o mesmo día da proba de 10:00 a 11:00 horas diante da Casa do Concello.

9 mar 2013

MARIANO PEÑA, MAURICIO COLMENERO NA SERIE "AÍDA", PREGOEIRO DA XXXI FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA


O actor Mariano Peña, Mauricio Colmenero na serie Aída, será o pregoeiro da XXXI Feira do Viño de Quiroga. O pregón terá lugar o sábado día 30 de marzo, a partir das das oito e media do serán.
 Mariano Peña, naceu en Huelva, Andalucía, en 1957. Con 18 anos marchou a Sevilla, onde estudou Arte Dramática e Belas Artes ao mesmo tempo, o cal lle permitiu facer teatro dende moi novo, aínda que tamén traballou como actor de doblaxe.

       Fixo o seu debut no cine co curto La teoría del dinero (1991) e en 2002 coa película Carlos contra el mundo. Tamén destaca a súa participación en La luz prodigiosa (2003), Héctor (2004), Reinas (2004), Fuera de carta (2008) e No lo llames amor, llámalo X (2011).

          En televisión participou nas series máis exitosas dos últimos tempos: Compañeros, Hospital Central e Los Serrano. Onde máis éxito alcanzou, en calquera caso, é na serie Aída polo seu papel de Mauricio Colmenero. Grazas a este papel alcanzou unha gran popularidad, ademais de recibir en 2006 o premio da Unión de Actores, como Mellor actor secundario de televisión, e no 2012 o Premio Ondas ao mellor intérprete masculino en ficción nacional.

8 mar 2013

A CONFRARÍA DO VIÑO DE QUIROGA PRESÉNTASE OFICIALMENTE O 16 DE MARZO

           A Confraría do Viño de Quiroga, oficialmente inscrita no rexistro de asociación da Xunta de Galicia, celebrará o acto oficial de investidura dos seus membros o día 16 de marzo no salón de sesión da Casa do Concello de Quiroga ás 11 h. No transcurso deste acto solemne cada un dos confrades prometerá o seu cargo e será acreditado como membro da confraría cun pergamiño especialmente editado para a ocasión e será investido coa indumentaria oficial composta por capa e sombreiro. Unha vez rematado este acto os confrades dirixiranse á sala de catas do Museo Etnográfico de Quiroga onde terá lugar, a partir das 12 h, a selección dos viños que participarán na XXXI Feira do Viño de Quiroga.
           Os membros da comisión de cata encargados de seleccionar os viños que finalmente participan na Feira do Viño de Quiroga, suxeríronlle ao Concello de Quiroga a posibilidade de dar a este acto un carácter oficial tratando de agrupalos baixo unha asociación legal sen ánimo de lucro que levaría o nome de "Confraría do viño de Quiroga".
           Despois de varias reunións nas que se xuntaron todos os integrantes desta comisión de cata e amparados polo Concello de Quiroga, redactouse un acta fundacional e uns estatutos que finalmente se inscribiron no rexistro da Xunta de Galicia.
           A Xunta Directiva elixida polos 23 membros fundadores (integrantes da comisión de cata) da Confraría do viño de Quiroga está composta polo presidente, dous vicepresidentes, un secretario e un tesoureiro, o resto dos integrantes actúan como vocais.
           O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Quiroga, Sala de Catas do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.
          A existencia desta asociación ten como fins exaltar a importante riqueza vitivinícola de Quiroga, levando o coñecemento do viño a través da cultura.
          Son fins principais desta confraría: -Promover actividades que difundan o viño artesanal de Quiroga, -promover actividades que axuden a entender e mellorar o viño artesanal de Quiroga, tanto nas clases axeitadas de cepas, labores na viña así como na bodega, -promover charlas orientadas as orixes e cultivo das diferentes clases de cepas no mundo como un feito cultural, -estar presentes en calquera acto público onde se distribuía de forma masiva, viño artesanal de Quiroga para garantía de procedencia e bondade. (Viño novo en San Martiño, Feira do Viño en Semana Santa, Festa da Comunidade de Montes…), -promover espazos de encontro que estimulen a creatividade en torno ao viño, -protexer o entorno natural así como preservar os recursos patrimoniais relacionados co mundo do viño etc.
          Cada ano a Confraría celebrará un Gran Capítulo que coincidirá co acto de selección dos viños inscritos para participar na Feira do Viño de Quiroga.
           Os membros da Confraría do Viño artesanal de Quiroga participarán na elección dos viños que se presenten na festa de San Martiño e a festa da comunidade de montes, para garantir a procedencia e bondade do viño, por tratarse de actos públicos.

7 mar 2013

O SEGUNDO CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS" COMEZA O 21 DE MARZO


         O Concello de Quiroga, organiza xunto coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a segunda edición do concurso: Quiroga de Tapas. 19 son os establecementos adicados á restauración que participan nesta edición. Hostal Río Lor, Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Cafetería Quiroga, Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño e Mesón Escaleira.
 
       Cada establecemento participante deberá elaborar unha única tapa, con  ingredientes de libre elección, a un precio de venda ó público de 1,50 €uros. Ademáis, este ano, é obrigatorio ofertar o maridaxe cós viños da comarca.
         
O Concello distribuirá nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
 
A tapa presentada ó concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, do 21 ó 29 de marzo de 2013 en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.
          
 Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
 
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 23:00 horas do 29 de marzo, data na que se recollerán as urnas para o reconto de votos.
 
Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes.
 
O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e innovación, Gusto, sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
         
O II concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 3 de abril na casa consistorial. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación. Ademais, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para tres participantes no concurso que gañarán diferentes premios.

6 mar 2013

A FEIRA DO VIÑO PREMIARÁ CON 100 € AO GAÑADOR DO CONCURSO DE CAMISETAS

Dentro das actividades organizadas polo concello con motivo de XXXI Feira do Viño de Quiroga, inclúese novamente o concurso de camisetas o sábado día 30 de marzo.
 
Neste concruso poden participar todos os grupos e colectivos a partir de catro integrantes, que o desexen.
 
A temática reflexada no diseño e o lema das camisetas estarán relacionados coa Feira do viño. Non se admitirán a concurso camisetas que denigren a personas, grupos ou colectivos, tanto públicos coma privados.
 
Os participantes deben inscribirse a través do Facebook da Omix de Quiroga ou na casa da cultura antes do mércores día 27; ou o propio día da feira no recinto ,na caseta de información municipal, antes das sete da tarde.
 
Un representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao lugar do pregón, para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado de escoller ao gañador, que será o propio pregoeiro da feira.
 
O gañador do concurso recibirá un trofeo e 100€ en metálico.