12 feb 2014

O MINISTERIO DE FOMENTO APROBA DEFINITIVAMENTE O ESTUDO INFORMATIVO DA AUTOVÍA A-76 (PONFERRADA - OURENSE)

         O Ministerio de Fomento publicou no Boletín Oficial do Estado do pasado sábado, 8 de febreiro, a aprobación do expedente de información pública e a aprobación definitiva do Estudo Informativo da Autovía A-76 no tramo comprendido entre Ponferrada e Ourense.
         O trazado da futura Autovía A-76 contemplaba tres posibles trazados, o Ministerio de Fomento, aprobou agora o Estudo Informativo definitivo cun único trazado, que na súa meirande parte duplica a actual N-120.
O estudo informativo marca a entrada da autovía no municipio de Quiroga fora da N-120 máis preto do núcleo de San Martiño e continuaria polo novo trazado, ata o cruce de Peites. Polo que salvaría o tuner de Montefurado por un novo trazado por riba do núcleo dos Covallos, a opción número tres que se barallaba como posible trazado. A autovía voltaría a desviarse da N-120 a altura de Sequeiros, onde cruzaría o río Sil para continuar polo concello de Ribas do Sil, por riba de San Clodio, cruzando novamente o río Sil entre o Nocedo e Rairos para sair a través dun túnel a Santa Andrea, o que sería a opción número dous dos posibles trazados. A partir de ahí duplicaría o trazado da N-120 ata a saída do noso municipio.
Dentro da comarca de Quiroga quedarían sete puntos de acceso á A-76. O primeiro deles estaría á altura do actual cruce de Peites na N-120, o seguinte corresponderíase co cruce de Bendollo. Os demais estarían á altura de Sequeiros, San Clodio, o Nocedo, o Freixeiro e Paradela do Lor.
 O mapa do estudo informativo definitivo da Autovía A-76 ao seu paso polo noso municipio, pódese consultar xa na casa consistorial.
        Unha vez coñecido este estudo definitivo a plataforma pro autovía A-76  reuniase o luns pola tarde. Na xuntanza á que acudia o concelleiro José Enríquez, en representación do concello de Quiroga, acordouse solicitar ao Ministerio de Fomento que acurte os prazos previos ao inicio das obras da autovía que comunicará Ponferrada con Ourense. 

      O colectivo recordará os compromisos que adquiriu Fomento e, en primeiro lugar, o referido á licitación dos proxectos dos dous primeiros tramos da autovía.  A necesidade de dar unha solución á inestabilidade do terreo na estrada N-120, á altura do parque natural Serra dá Enciña dá Lastra tamén foi posta sobre a mesa. Precisamente, un dos acordos tomados na reunión foi que este tramo sexa o seguinte que licite o Ministerio de Fomento.
     Na reunión da plataforma formulouse que a licitación do proxecto se realizase canto antes, mesmo sen esperar a que estean rematados os dos dous tramos inicales: Requeixo-Villamartín de la Abadía e AVeiga de Cascallá-O Barco, cunha lonxitude total de 15,8 quilómetros. Fomento incluíu unha partida de 100.000 euros nos Presupostos Xerais do Estado para cada un destes tramos e calcula o custo da autovía en 1.221 millóns de euros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario