6 ago 2014

OS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO TRAMITAN AS AXUDAS PARA A FACTURA ELÉCTRICA A FAMILIAS CON FILLOS MENORES A CARGO E QUE NON SUPEREN O IPREM

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado luns a resolución pola que se regulan e se convocan as axudas económicas para o pagamento de parte da factura eléctrica, a través do tícket eléctrico social de Galicia durante o primeiro semestre de 2014, ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos non superen o IPREM.
A axuda consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pa­gamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superen o IPREM. Establécese unha cantidade de 45 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60 € para as que acrediten ser familia numerosa.
Os servizos sociais municipais asesorarán e colaborarán cos solicitantes na presentación te­lemática das solicitudes, que se deberán presentar antes do cinco de novembro.

A solicitude de axuda deberá ir acompañada dun informe emitido polos servizos sociais municipais sobre as necesidades eco­nómicas da unidade de convivencia. Así como de copia do libro de familia, certificado de empadroamento, facturas emitidas no exercicio 2014 en concepto de subministración eléctrica, certificado de convivencia e copia do título de familia numerosa, de ser o caso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario