21 nov 2014

UNANIMEMENTE APRÓBASE O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

         Unanimemente aprobouse na tarde de onte o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Na sesión plenaria extraordinaria de onte todos os grupos coincidiron na necesidade deste plan, incluso o alcalde – presidente Julio Alvarez, chegou a afirmar que era a mellor herdanza que unha corporación lle podía deixar a un concello.
         
       A oposición, aínda que apoiando a aprobación do plan, criticou a tardanza na súa elaboración, e o elevado custo da súa elaboración, para o que se vai contar cunha subvención; pero non entrou en detalle en como afectaba esta ordenanza a zonas concretas. O alcalde recordoulle aos concelleiros que este a elaboración destes plans prolongase no tempo debido a que todas as partes afectadas teñen que opinar, dende os propios veciños ata os concellos limítrofes.  
          
         O plan Xeral Ordenación Municipal comeza a elaborarse no  2001. A súa adaptación a varias novas leis de urbanismo fai que ata o 2 de febreiro do 2009 non se aprobe inicialmente en sesión plenaria, comezando o seu período de información pública. No ano 2013 ca memoria ambiental aprobada, presentase o documento para proceder a súa aprobación provisional no pleno da corporación. O 90 % das alegacións presentadas (cerca de mil alegacións entre ás dúas exposicións públicas) polos interesados durante o período de información pública do Plan Xeral foron estimadas.
          
      Actualmente, no municipio de Quiroga están vixentes unas Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, aprobadas o 21 de marzo de 1995. Neste Plan Xeral recóllese un aumento de solo urbano na zona da Ribeira, Toucedo e Paciovello. Delimítanse os 112 núcleos urbanos e faise unha protección férrea no aspecto ambiental na zona da Seara así como do patrimonio artístico, destacando a zona de Montefurado, Margaride, Hermidón, Hospital, ou Bendilló, compatibilizando a explotación mineira da lousa na zona de Pacios da Serra e Vilarbacú.
          
         Tras esta aprobación, o plan xeral seguirá a súa tramitación na Xunta de Galicia. A Corporación Municipal agarda que tras ser aprobado unanimemente e tras ceñirse ás leis de ordenación, na Xunta non presenten obxeccións que impidan a súa aprobación definitiva nuns meses.
          
        O outro punto da sesión e que tamén foi aprobado unanimemente foi a aplicación do Índice de Prezos ao Consumo interanual nas ordenanzas reduladoras da taxa polo servizo de abastecemento de auga e saneamento; polo servizo de sumidoiros e  polo servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. Nesta ocasión a aplicación do IPC tradúcese nunha redución, aínda que mínima no custe deste servizos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario