2 mar 2015

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRIPCIÓN DE ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NO CONCURSO QUIROGA DE TAPAS

      O Concello de Quiroga, organiza xunto coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a cuarta edición do concurso: “QUIROGA DE TAPAS”. O concurso ten un ámbito xeográfico circunscrito ós límites do municipio de Quiroga, podendo participar no mesmo calquera establecemento do val adicado á restauración.
          A inscrición no concurso é gratuíta. A data límite de inscrición será o 4 de marzo e poderá realizarse a través do persoal técnico de Xuventude do Concello, que visitará os establecementos de restauración do municipio ou na Casa de Cultura no teléfono 982 435 125.
    Cada establecemento participante deberá elaborar unha única tapa, con ingredientes de libre elección, a un precio de venda ó público de 1,50 €uros. Ademáis, é obrigatorio ofertar o maridaxe cós viños da comarca.
O Concello distribuirá nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
          A tapa presentada ó concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, do 26 de marzo ao 3 de abril, en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.
  Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
          Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 15:00 horas do 4 de abril, data na que se recollerán as urnas para o reconto de votos.
        Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes, o seu voto, escrito de forma lixible e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
          O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e innovación, Gusto, sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
          O cuarto concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 8 de abril na casa consistorial. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación. Ademais, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para cinco participantes no concurso que gañarán diferentes premios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario