23 mar 2015

O BARRIO DA RIBEIRA XA TEN CENTRO SOCIO CULTURAL

Onte domingo fíxoselle entrega aos veciños da Ribeira do seu novo Centro Social. Nun acto no que acudiron a corporación case ao completo e incluso anteriores concelleiros da zona.
O centro, está pensado principalmente para os veciños da zona, pero o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, asegurou que estará aberto a calquera colectivo do municipio que solicite o seu uso.
O centro sociocultural forma parte da primeira fase do centro. Nesta primeira fase do proxecto quedarán acondicionados uns 200 metros cadrados da edificación, que inclúe o centro sociocultural e a parte exterior do piso tutelado. O piso tutelado, acollerá unhas seis ou sete habitacións que servirán de acollida temporal para persoas con problemas de inserción social así como para as que precisen de aloxamento en ocasións de extrema necesidade.
Nunha seguinte fase acondicionaríanse a parte restante, ata completar uns 400 metros cadrados útiles coa intención de albergar o centro de día. Como recalcou o alcalde na súa intervención o edificio vai ter unha función social moi importante, pero son duas partes distintas e ben diferenciadas.
Os encargados de descubrir a placa da inauguración deste centro foron dous dos concelleiros da zona de anteriores lexislaturas, José Miranda e José Manuel García.               
O párroco da parroquia, Jesús Río, foi o encargado de bendecir o novo centro que estará aberto todas as tardes dende hoxe mesmo, en horario de 4 a sete da tarde. O centro contará con persoal que o atenda e ofrecerá periódico diario.
Como non podía ser doutro xeito, os numerosos veciños que quixeron acudir a este acto aberto para contemplar estas novas instalacións, foron convidados a unhas tapas.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario