4 mar. 2016

A CONFRARÍA DO VIÑO DE QUIROGA CATARÁ OS VIÑOS PARTICIPANTES NA XXXIV FEIRA DE QUIROGA

      O sábado, 12 de marzo, levarase a cabo a cata dos doce viños participantes na XXXIV Feira do Viño de Quiroga, coincidindo coa reunión anual da Confraría do Viño de Quiroga.

       Ás doce e media da mediodía está previsto que os integrantes da Confraría, tras ser recibidos na casa consistorial polo alcalde de Quiroga, que ostenta o título de Confrade Maior, desfilen ao longo da rúa  Real, acompañados pola Banda de Gaitas San Martiño, ata o Museo Etnográfico.

      Xa na sala de catas do museo levarase a cabo a cata dos viños blancos e tintos participantes na feira.  Como todos os anos os viños inscritos para participar na Feira do Viño de Quiroga, despois das análises realizadas no laboratorio especializado, sométense a un proceso de cata para a súa aprobación definitiva.

Tras a cata, os integrantes da confraría continuarán coa orde do día da súa xuntanza, na que figura o informe do presidente e o estado de contas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario