31 mar. 2016

A TABERNA, GAÑADORA DA 5ª EDICIÓN DO QUIROGA DE TAPAS

     Na mañá de onte abrironse as urnas nas que estaban depositados os tapacartóns que participaron na 5ª edición do Concurso "Quiroga  de Tapas".  Unha vez feito o reconto o establecemento gañador desta edición foi A Taberna.

          A delegada da zona sur da Asociación de Hostelería da provincia de Lugo, Beatriz Vila, xunto coa concelleira de xuventude, Rosa Arza, os dous departamentos organizadores do certamen, foron as encargadas de abrir as urnas.
      
      Non se contabilizou como válida ningunha cartilla de votación que non contivese selo de todos os establecementos participantes, o seu voto, escrito de forma lixible e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emitía o voto.
     
      Tras o reconto de votos a tapa elaborada polo bar A Taberna foi a que recibíu o maior número de votos, entre os 20 establecementos que competían nesta edición. 100 € en metálico e unha placa conmemorativa foi o agasallo que recibiu.

Nesta edición tamén houbo numerosos premios para as persoas que completaron o circuito e emitiron o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes. 18 foron as persoas que resultaron gañadoras no sorteo dos premios, que ían dende premios en metálico, estancias en diversos aloxamentos da zona, ceas para duas persoas ou lotes de productos típicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario