17 mar. 2016

HOXE COMEZA O CONCURSO DE TAPAS

         Hoxe comeza a 5ª edición do Concurso "Quiroga  de Tapas". A corporación municipal acompañada pola delegada da zona sur da Asociación de Hostelería da provincia de Lugo, Beatriz Vila, abriran hoxe ás sete da tarde no restaurante Dimar, o concurso que se prolongará ata o vindeiro venres 25 de marzo.

As tapas coas que compiten os vinte establecementos participantes son:
Adega de María: As cousas da miña terra.
Palmeras: tabulé
Portón: callos con fabas de Lourenzá.
Raposo: hamburguesa rústica de Quiroga.
Quiper: strogonoff da Eva, tudo junto e mesturado.
A Taberna: Tapa A Taberna.
Ruxe: paneta
         Lago: champiñons recheos, soia e tomates cherry
Félix: mata fame arrollao
      O Roxo Vivo: ensalada de salmón marinado e aguacate con vinagreta de lima.
Casa Torres: escalopines de tenreira en salsa crema, champiñóns, tallarines e verde
      ChapaKuña 3: croquetas de lagostino e xamón ibérico con ensalada de queixo, froitos secos e mel de Quiroga.
O Recuncho de Dino: pasteliño de verduras con salsa de piquillos.
Dimar: roliño recheo de langostinos e grelos con crocante de millo, crema de Arzúa e milfollas de pataca ó forno con aceite de do Val de Quiroga.
Ferreiriño: niño de cogomelos
Escaleira: galician people
         A Barca: montaña de pataca ao queixo.
Vinoteca Quiroga: tosta do mar
         Mesón da Clara: carne mechada ao whisky
Dakar: medallón de solombo ás dúas salsas

   O Concello distribuiu nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
                
      A tapa presentada ó concurso, deberá estar exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor, a un precio de venda ó público de 1,50 €.
                    
   Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente ao seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
       
     Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes.
       
      Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes, o seu voto, escrito de forma lixible e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
       
      O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e innovación, gusto, sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
     
Na presente edición hai numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes. Así poden optar a un premio de  300,00€ en metálico; un circuito termal, con estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas(Pantón) para dúas persoas; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedería Ferrería de Quintá; unha estancia para dúas persoas na Aldea Rural “O Busto” (Pobra de Brollón); unha noite para dúas persoas no Hotel Conde de Lemos (Monforte); varias comidas ou ceas para dúas persoas en diversos establecementos; unha visita ás instalacións e degustación de Viño para catro persoas no Centro doViño Ribeira Sacra; ou un lote de productos  típicos de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e Morriña.
         
    Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibirá100 € e unha praca conmemorativa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario