16 mar. 2016

O CONCELLO DE QUIROGA TEN NOVA PÁXINA WEB

         O Concello de Quiroga en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia levou a cabo o proxecto denominado "Plan integral de ordenación dos sendeiros do Concello de Quiroga". No marco desta actuación, que comprendía a creación dunha web para ofrecer a máxima información posible sobre os distintos itinerarios de sendeirismo do Concello de Quiroga, aproveitouse para darlle un novo enfoque e aspecto a toda a web oficial do Concello de Quiroga manténdose no seu dominio tradicional http://www.concellodequiroga.com
      Os contidos que se ofrecen están a partir de agora a disposición dos usuarios dun xeito cómodo e sinxelo, aproveitando todas as ferramentas que ofrece a web na actualidade para facelo todo máis preciso e ameno.
     A portada de benvida ofrece un acceso inmediato a todos os contidos organizados en distintos bloques. O centro da páxina de inicio aparecerá sempre ocupado por un bloque de tres noticias que se irán renovando a medida que actualidade as xere. Nesta primeira páxina: información sobre os museos xeolóxico, etnográfico e sendeiros. Un acceso directo o apartado destinado as actividades organizadas polos distintos departamento do Concello  e unha galería de fotos organizada por temáticas. Tendo en conta as novas tendencias de funcionamento da rede, dende a páxina principal, tamén se accede aos perfiles nas redes sociais que mantén activos dende o Concello, así pode accederse facilmente a facebook, twitter e wikiloc.
         No seu interior, ao que se accede dende  as iconas da páxina principal ou dende a barra de menú:
        -Acceso directo coa sede electrónica do Concello de Quiroga, dende onde xa se poden realizar máis dunha vintena de trámites para particulares e empresas; online si se dispón de certificado dixital o DNI electrónico, ou dirixindo os formularios vía correo electrónico.
       -O apartado relacionado coas rutas e sendeiros é un dos puntos destacados da nova web. Dende a páxina principal pode accederse ao perfil de wikiloc do Concello de Quiroga. Ademais dende a propia web tamén se pode descargar a guía de sendeiros completa, a información sobre un sendeiro determinado, así como o track para calquera dispositivo móbil ou fixo de calquera dos itinerarios que ofrece o Concello de Quiroga.
         -Con información precisa e todo tipo de datos para a súa fácil localización, destácanse 13 puntos de interese no territorio de Quiroga. A partir dun mapa que pode consultarse en calquera dispositivo móbil o visitante poderá acceder a calquera destes punto sen ningunha dificultade. Aquí aparecen os recursos tradicionais como o túnel romano de Montefurado ou o Castelo dos Novaes, pero tamén outro puntos de interese que se foron incorporando á oferta turística, como os museos de Quiroga.
      -Ademais dos 13 puntos de interese inicialmente destacados na web, tamén se pode ter a mesma información para acceder aos puntos da rede de miradoiros do Concello de Quiroga.
     -Para facilitar o acceso dende calquera punto da xeografía mundial a calquera punto do Concello de Quiroga, está a disposición dos visitantes unha das ferramentas máis empregadas da rede:  google maps.
      -No apartado servizos, calquera que o necesite dispón de datos básicos sobre todos os servizos que se poden atopar no Concello de Quiroga, ademais de restaurantes, aloxamentos, bares, locais de ocio etc.
      -Sempre e, de xeito cómodo, un acceso directo para contactar directamente co Concello de Quiroga vía correo electrónico.
       A nova páxina web do Concello de Quiroga está aínda en construción nos seus distintos apartados. Preténdese que estes apartados melloren e se incorporen outros novos atendendo as necesidades dos usuarios.
    Mención especial, en canto o período de construción, merece a Sede Electrónica do Concello de Quiroga, que por atoparse  en probas non ofrece aínda toda a información e servizo que se pretende que ofreza nun futuro inmediato.
        Recoméndase aos usuarios refrescar os seus navegadores e incluso borrar os historiais de navegación, tanto nos dispositivos fixos como nos dispositivos móbiles, para non ter problemas durante a navegación nos novos contidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario