13 mar. 2016

O GRUPO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS CONTA CUN NOVO VEHÍCULO ANTIINCENDIOS

O Grupo Municipal de Emerxencias conta cun novo vehículo para facilitarlles o seu traballo nas urxencias de incendios. Trátase dun camión motobomba que lles entregou a Xunta de Galicia.
Este camión, xunto co que se lle entregou tamén á brigada forestal da Xunta en Quiroga, forma parte dos 57 vehículos motobomba que a Xunta de Galicia puxo a disposición de varios concellos galegos.
No acto de entrega, que tiña lugar en Silleda, e ao que acudía o concelleiro José Luis Rivera e persoal do GES, participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.
Unha vez que o vehículo chegou a Quiroga, foi o alcalde, Julio Alvarez, quen se encargou de achegarse ata a base do Grupo de Emerxencias para ver o novo vehículo, no que non dubidou en subirse. Trátase dun vehículo totalmente equipado para a loita contra incendios e que ten capacidade para levar a cinco persoas.
Este camión únese ao dispositivo co que conta o equipo de emerxencias, unha carroceta antiincendios e dous vehículos máis lixeiros e de menor tamaño para acudir máis urxentemente, un deles dotado tamén de equipo de excarcelación para accidentes de tráfico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario