13 mar. 2016

OS VIÑOS INSCRITOS NA FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA RECIBEN A APROBACIÓN DA CONFRARÍA DO VIÑO

        Os doce viños brancos e os doce tintos incritos para participar na XXXIV Feira do Viño de Quiroga, xa teñen a aprobación da Confraría do Viño de Quiroga. Todos eles acadaron a calificación de aptos tras a cata que se levaba a cabo o pasado sábado.

Ás doce e media da mediodía os integrantes da Confraría, tras ser recibidos na casa consistorial polo alcalde de Quiroga, que ostenta o título de Confrade Maior, desfilaron ao longo da rúa  Real, acompañados pola Banda de Gaitas San Martiño, ata o Museo Etnográfico.

Dende o ano 2013, ano no que foi creada a Confraría do Viño para defender e promocionar este certame, os confrades desfilan pola rúa antes de levar a cabo a cata, dándolle vistosidade ao acto por ir ataviados coa vestimenta regulamentaria, capa morada e chapeu negro ribeteado en morado e que este ano estreaba insignia, un racimo de uvas co escudo de Quiroga e tamén co símbolo do Crismón da Ermida.

          Xa na sala de catas do museo levouse a cabo a cata dos viños blancos e tintos participantes na feira.  Como todos os anos os viños inscritos para participar na Feira do Viño de Quiroga, despois das análises realizadas no laboratorio especializado, sométense a un proceso de cata para a súa aprobación definitiva. Este ano os doce colleiterios participantes son:
          Héctor Enríquez Santiso, de Pacios de Mondelo.
          Antonio García Álvarez, de San Xulián de Abaixo.
          Antonio Castro Álvarez, de San Vitoiro.
          Álvaro Rodríguez González, da Toca.
          Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas.
          Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital.
          Juan Rodríguez Diéguez, de Centeais.
          Antonio Vázquez López, de San Xulián de Abaixo.
          María Oliva Cao, de Bendollo.
          José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo.
          Alfonso Nuñez Calvo, dos Novaes.
          Ceferino González Vidal, de Bendilló.
         
Os viños de todos eles acadaron a aprobación tanto dos catadores da Confraría do Viño como dos resultados realizados en laboratorio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario