23 mar. 2016

UNHA QUIROGUESA DE 104 ANOS

Unha veciña de Quiroga está hoxe de aniversario. Cumpre nada máis e nada menos que 104 anos.
Obdulia Mourelo Alvarez, naceu o 23 de marzo do 1912. Dos seus seis fillos, actualmente viven tres, ten dez netos e dez bisnetos. Xa viuva ingresou na Residencia de Quiroga  no ano 2.000.
Nesta institución foi onde hoxe celebraron esta data tan sinalada. Obdulia soprou as velas da torta acompañada de familiares, traballadores e residentes. Na celebración non faltou o champán nin a música para os que aínda se atreveron co baile.

A sra Obdulia, ainda que un pouco cansada, disfrutou esta mañá da festa organizada na súa honra e amosouse contenta de chegar a unha idade tan avanzada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario